España país europeo onde máis medraron as vendas de coches no 2024
España país europeo onde máis medraron as vendas de coches no 2024
No mes de decembro as vendas incrementáronse case nun 30%
Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo da Xunta de Galicia para solicitar axudas para vehículos eléctricos
España é o único gran mercado dos 27 onde medraron as vendas de coches o ano pasado. En concreto, un 7,1%, que contrasta coas caídas de Francia, Alemaña, Bélxica ou Suecia. De feito, o país nórdico rexistrou un retroceso do 7%.
No caso galego, no 2024, rexistráronse máis de 27.000 matriculacións, o que representa un crecemento de case o 12% en comparación co ano anterior, moi por riba tamén da media nacional.
Os eléctricos aínda non convencen completamente e mantéñense como terceira opción máis popular na Unión, mesmo tamén con caídas nas vendas de case un 6% o pasado ano.
Axudas da Xunta para vehículos eléctricos
Desde este mércores e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo da Xunta de Galicia para solicitar axudas para este tipo de vehículos eficientes. A contía das subvencións oscila entre os 3.000 e 4.000 euros, e para acceder a elas é imprescindible acreditar a baixa definitiva dun vehículo cunha antigüidade mínima de dez anos.