Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CXPX estuda expedientar ao xuíz Carretero polo seu interrogatorio a Mouliáa e Errejón

O CXPX estuda expedientar ao xuíz Carretero polo seu interrogatorio a Mouliáa e Errejón

O Consello Xeral do Poder Xudicial recibiu máis de 900 queixas e denuncias polo seu comportamento ao cuestionar en numerosas ocasións a versión da denunciante

A actriz Elisa Mouliaá sae de declarar o 16 de xaneiro en Madrid. Europa Press / Candela Ordóñez A actriz Elisa Mouliaá sae de declarar o 16 de xaneiro en Madrid. Europa Press / Candela Ordóñez
G24.gal 22/01/2025 17:57 Última actualización 22/01/2025 18:24

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) informou este mércores de que o promotor da Acción Disciplinaria, Ricardo Conde, acordou abrir unha dilixencia informativa ao xuíz Adolfo Carretero pola súa actuación nos interrogatorios realizados o xoves 16 de xaneiro á actriz Elisa Mouliaá e ao político Íñigo Errejón.

Nunha nota, o CXPX explica que a súa Unidade de Atención Cidadá recibiu ata o momento máis de 900 queixas e denuncias pola actuación do maxistrado tras a publicación nos medios este luns 20 de xaneiro da gravación das declaracións da denunciante e do investigado. A apertura destas dilixencias por parte do promotor son un paso previo a decidir se abre ou non expediente disciplinario.

Durante o interrogatorio á actriz, o xuíz Adolfo Carretero cuestionou en numerosas ocasións a versión ofrecida por Mouliaá do ocorrido a noite de setembro de 2021 na que presuntamente se produciu a agresión sexual por parte de Errejón que denuncia.

Con ton cortante, o xuíz chegou a preguntar a Mouilaá "para que se sacou o membro viril" Errejón durante o encontro que ela denunciou, ou mesmo lle espetou: "Non será que vostede quería algo con ese señor, e ao non corresponderlle ese señor por iso agora o denuncia, porque ese señor riuse de vostede?".

"Podería terllo dito aos seus amigos, podería simplemente dicir 'quedo na festa, contigo non vou a ningunha parte'. É raro que non diga nada", dixo o maxistrado noutro momento da comparecencia.

Durante o interrogatorio á denunciante, o xuíz insistiu en saber por que Mouliaá non parou a Errejón, por que non lle reprochou despois a súa actitude e por que tardou tres anos en denunciar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade