Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda presenta Galicia en Fitur como "terra acolledora e refuxio climático"

Rueda presenta Galicia en Fitur como "terra acolledora e refuxio climático"

A Xunta busca aumentar os visitantes estranxeiros e conseguir atraer turistas durante todo o ano

G24.gal 22/01/2025 14:42 Última actualización 22/01/2025 14:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este mércores en Fitur a campaña turística "Galicia, terra acolledora". O xefe do Goberno galego explicou que a Xunta busca aumentar os visitantes estranxeiros e conseguir atraer turistas durante todo o ano e a lugares aínda por descubrir.

En máis de mil metros cadrados de expositor inspirado na natureza, Galicia preséntase en Fitur como un destino no que a calidade, a biodeversidade e a substentabilidade van da man. E cun papel protagonista tamén para o patrimonio e a gastronomía.

O obxectivo é atraer un turista cada vez máis esixente, que vai na procura de experiencias, e aumentar a cifra de estranxeiros, que xa son a metade dos peregrinos que fan o Camiño. O vicepresidente do Clúster do Turismo de Galicia, Jesús Picallo, dixo que moitos deles quedan vivir aquí "polo bo trato que lles damos".

Ese bo trato é o que reivindicou o presidente da Xunta en Fitur. Alfonso Rueda defende que en Galicia non sobra ninguén e que todos os turistas son benvidos. "Deamos esa imaxe de brazos abertos, de terra acolledora, de refuxio climático e que Galicia sexa a casa de todos", afirmou o presidente.

Ata o domingo, Galicia presentará medio cento de propostas para atraer turistas durante todos os meses do ano.

Esta edición número 45 da Feira Internacional de Turismo Fitur foi inaugurada polos reis, que fixeron un percorrido por varios pavillóns, acompañados por distintas autoridades, entre elas o ministro Jordi Hereu e o alcalde de Madrid.

(EFE/Borja Sánchez-Trillo) (EFE/Borja Sánchez-Trillo)

A feira celébrase ata o domingo en Ifema. Hai case 900 expositores e prevense 250.000 visitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade