Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía non atopa droga no mercante atracado en Vigo

A policía non atopa droga no mercante atracado en Vigo

Os membros da tripulación que estaban retidos quedaron en liberdade

G24.gal 22/01/2025 19:32 Última actualización 22/01/2025 20:42

 A inspección levada a cabo nas últimas horas no interior do mercante 'Baltic Summer', atracado no Porto de Vigo, resultou negativa, segundo confirmaron á Galega fontes coñecedoras do operativo.

O barco, con bandeira de Bahamas, xestionado por unha navieira alemá e cargado de contedores refrixerados, foi abordado en altamar e escoltado por efectivos da Garda Civil con apoio da Armada ata o Porto de Vigo para ser sometido a unha inspección ante a sospeita de que transportaba un cargamento de droga.

Nas últimas horas, axentes da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil estiveron revisando o interior do barco e tamén algúns contedores que foron descargados. Con todo, as tarefas concluíron con resultado negativo.

O 'Baltic Summer' saíu de Porto Bolívar en Ecuador e a súa terminal de destino é San Petersburgo, en Rusia, cara a onde é previsible que saia nas próximas horas; os seus 23 tripulantes, de nacionalidade rusa e bielorrusa, foron detidos pero quedaron xa en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade