As bandas albanesas controlan xa as descargas da droga nas costas galegas, ademais do transporte
As bandas albanesas controlan xa as descargas da droga nas costas galegas, ademais do transporte
"Cada vez son máis sofisticados, teñen máis medios, máis cartos e máis capacidade de acción", explica Emilio Rodríguez Ramos, xefe da sección Greco Galicia da Policía Nacional
Coa operación Baroña, desenvolvida o pasado 15 de xaneiro, confirmáronse os peores presaxios. As mafias albanesas son as que, amais do transporte, agora controlan tamén as descargas da droga.
"Son organizacións moi estrutrais, con moito control da produción, do transporte e dos beneficios que xera esta actividade criminal. Cada vez son máis sofisticados, teñen máis medios, máis cartos e máis capacidade de acción", explica Emilio Rodríguez Ramos, xefe da sección Greco Galicia da Policía Nacional.
Unha situación que preocupa os expertos porque aseguran que está a marcar unha tendencia clara. No caso da operación Baroña, os sete que se encargaban de descargar a mercadoría en Vilanova de Arousa, eran todos albaneses. Foron pillados na allada, de madrugada e permanecen en prisión provisional.
Por outra banda, a Fundación contra o narcotráfico, amáis de máis medios, pide que se declare un problema de seguridade nacional.