Publicador de contidos
Publicador de contidos

Levar auga, móbil con GPS e non saír das rutas sinalizadas, consellos para evitar perderse no monte Pindo

Levar auga, móbil con GPS e non saír das rutas sinalizadas, consellos para evitar perderse no monte Pindo

Os equipos de emerxencias rescatan centos de persoas cada ano

G24.gal 11/07/2024 14:21

Levar móbil, auga e non saír dos camiños sinalizados. Son os consellos que dan os expertos para facer, con seguridade, rutas polo monte e así evitar perderse ou ter que pedir auxilio.

O último exemplo deuse esta semana nos montes de Carnota, con dúas mulleres e dous nenos que tiveron que ser rescatados ao cubrirse de néboa e anoitecer.

Os equipos póñense en marcha en canto soa o teléfono. Alguén pediu auxilio desde os montes de Carnota. As pistas vanse facendo estreitas e chega un momento en que acaban. Agora son corredoiras. Toca ir a pé na busca dos excursionistas. A maior dificultade é que as corredoiras están atoadas de toxo. Quen saia do camiño corre graves riscos.

Por iso, o mellor é previr problemas. O primeiro, planificar ben a ruta e mirar o prognóstico do tempo, porque as néboas na zona adoitan ser moi mestas. Despois, levar teléfono, roupa e auga. O móbil, co GPS activado. E non confiarse.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade