Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados 'in extremis', historias de superviventes que a poden contar

Rescatados 'in extremis', historias de superviventes que a poden contar

A DINA deixa xa máis dun cento de mortos, que puideron ser aínda moitos máis de non ser pola sorte nalgúns casos, da solidariedade, noutros, e do traballo dos equipos de emerxencias na maioría das ocasións

G24.gal 31/10/2024 14:40

Arrastrados pola corrente, atrapados nos coches e vivendas, ou localizados en zonas illadas como foi o caso dun bebé dun ano que os bombeiros de Alacante conseguiron salvar canda a súa nai no municipio valenciano de Riola.

Entre toda esta traxedia, esperanza. A que teñen os equipos de emerxencia que traballan arreo para localizar e rescatar desaparecidos.

Desde o luns lograron salvar milleiros de vidas in extremis. E, entre eses que volveron nacer, hai quen busca a quen o salvou.

Desde o aire, con intervencións arriscadas, agónicas en moitos casos. Os bombeiros de Valencia lograban in extremis salvar o condutor dunha furgoneta en Alcira.

Un policía nacional usou sabas para sacar da riada unha veciña. E a médico de Sot de Chera remataba coa súa angustia no helicóptero da Garda Civil, incorporándose de inmediato ao traballo, tan necesario estes días.

Son só catro entre os milleiros de historias que deixa o labor sen descanso dos equipos de emerxencias.

Pero tamén da solidariedade, dos rescatadores anónimos. Veciños de Albal lograron salvar en Valencia un home arrastrado pola corrente.

A riada colleu por sorpresa a Xulia no coche, de turismo por Utiel. Lembra que estaba a punto de afogar e que unha ringleira de xente a colleu e pasou a un autobús. Di que o condutor, ao parar nesa zona, salvou canda ela unha trintena de vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade