Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pesca 2 rescata un home de 50 anos que estaba a ser arrastrado mar adentro en Ribadeo

O Pesca 2 rescata un home de 50 anos que estaba a ser arrastrado mar adentro en Ribadeo

A corrente afastaba o bañista da praia de Esteiro, pola que entrou no mar e onde non hai servizo de Salvamento, cara a das Illas

Os areais de Ribadeo con vixilancia teñen este domingo bandeira vermella

Momento do rescate polo helicóptero Pesca 2 do bañista en Ribadeo/ Imaxes cedidas por El Progreso
G24.gal 04/08/2024 18:59

O helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas da Xunta rescatou este domingo un home que estaba sendo arrastrado mar adentro en Ribadeo.

Este era o momento do rescate. Desde o helicóptero izaban o bañista a bordo. O home, duns 50 anos e procedente de Madrid, entrou a bañarse na praia de Esteiro e a corrente afastouno.

Este areal non conta con socorristas e a ondada era moi forte nese momento. O mar desprazábao cara a praia das Illas, tamén de Ribadeo. Foron outros bañistas os que se decataron do que acontecía e avisaron os servizos de socorrismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade