Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acción por mar e por terra para rescatar unha cadela en Bastiagueiro

Acción por mar e por terra para rescatar unha cadela en Bastiagueiro

Unha podenga quedou atrapada nun cantil duns cinco metros e tiveron que acudirlle ao rescate efectivos de Emerxencias Oleiros

Imaxe do rescate da cadela atrapada na mediatarde deste mércores no Parque das Trece Rosas en Bastiagueiro, OleirosOleiros a iz
G24.gal 20/06/2024 13:54

Foi no parque das Trece Rosas, en Oleiros. Unha veciña acabou tendo que chamar o 112 porque a súa cadela se meteu onde non debía. Estaban en situación parecida á de Pamela e seu podengo, pero descoñecemos se aquela andaba ceibe ou se soltou da dona.

O caso é que baixou unha pendente con moita maleza e xa non puido subir polos seus medios, afirma Juan Suárez, Coordinador do Servizo de Emerxencias do Concello de Oleiros

Segundo conta, a cadela estivo moi colaboradora no proceso de colocala no arnés para izala, pero aínda así atender esa urxencia tívoos ocupados hora e media.    

"As manobras levan tempo. Isto ocupounos ata as oito da tarde, tendo en conta a busca, localizar o animal, preparar os equipos e logo volver recoller para deixar todo operativo para a próxima intervención", explica Suárez.

Nos non demos coa a podenga que viviu o transo, pero si vimos a Pedrín, da mesma tipoloxía que aquela, coa particularidade que este está adaptándose á súa nova familia tras sufrir unha vida de maltrato como reflicte a súa actitude de desasosego ante descoñecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade