Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pesca 2 recata un home que caeu ao mar nunha zona rochosa de Barreiros

O Pesca 2 recata un home que caeu ao mar nunha zona rochosa de Barreiros

Estaba pescando cun compañeiro e logrou agarrarse e subir a unha pedra

O helicóptero na zona do accidente
G24.gal 28/07/2024 18:33 Última actualización 28/07/2024 20:22

Na Mariña luguesa, concretamente no concello de Barreiros, foi rescatado este domingo un pescador que caera nunha zona de rochas.

Un equipo de rescate do helicóptero Pesca 2, do Servizo de Gardacostas de Galicia, recolleu o ferido no rochedo e levouno ata o hospital de Burela cunha ferida nunha perna.

O home, que caeu á auga en San Pedro de Benquerencia, un destino moi visitado no verán, logrou agarrase e subir a unha pedra. Un compañeiro que estaba pescando con el foi o que deu alerta pouco antes das once e media da mañá.

O rescate non puido realizarse por terra nun primeiro momento e finalmente recorreuse ao helicóptero Pesca 2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade