Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan en Poio un menor que ía á valga nun bote auxiliar dun barco

Rescatan en Poio un menor que ía á valga nun bote auxiliar dun barco

O rapaz quedara durmido na embarcación e cando acordou non conseguía chegar á terra

G24.gal 16/08/2024 16:55

En Poio, a lancha da Garda Civil rescatou un neno que ía á deriva nun bote. O rapaz quedara durmido e cando espertou o vento levábao contra as bateas.

Os pais do menor fondearan co barco na praia de Samieira e o rapaz decidiu coller a balsa auxiliar para botar unha sesta.

Cando espertou ía á deriva contra as bateas arrastrado polo vento, e aínda que colleu os remos, non daba regresado a terra.

Afortunadamente todo quedou nun susto que nos recorda, iso si, a importancia de extremar as precaucións. Máis aínda cando un neno se bota ao mar, agora que están tan de moda as táboas de padle surf, os caiacs e os colchóns inchables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade