Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pesca 1 rescata un sendeirista ferido no monte Galiñeiro, en Gondomar

O Pesca 1 rescata un sendeirista ferido no monte Galiñeiro, en Gondomar

O home, un vigués duns 50 anos, caera nunha zona de rochas de difícil acceso

G24.gal 21/07/2024 21:43 Última actualización 21/07/2024 22:12

O helicóptero Pesca 1 rescatou na tarde deste domingo un sendeirista ferido no monte Galiñeiro, no concello de Gondomar.

O home, veciño de Vigo duns 50 anos, caera nunha zona de rochas de difícil acceso, polo que foi necesaria a mobilización do servizo de Gardacostas de Galicia.

A primeira alerta da súa desaparición foi ás 13:30, e dúas horas máis tarde conseguiron localizalo. Porén, non puideron rescatalo ata as oito do serán.

No operativo tamén participaron Salvamento Marítimo, o 061, os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil. O ferido foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade