Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados os tripulantes dun barco de recreo que envorcou en Corrubedo

Rescatados os tripulantes dun barco de recreo que envorcou en Corrubedo

Agardaron sobre o casco ata a chegada da lancha de Salvamento Marítimo

Imaxes do rescate de Salvamento Marítimo
G24.gal 28/09/2024 19:10 Última actualización 28/09/2024 19:30

Os dous tripulantes dunha embarcación de recreo que envorcou preto do cabo Corrubedo foron rescatados por Salvamento Marítimo. Eles mesmos alertaron os servizos de emerxencia e agardaron no casco ata a chegada de axuda.

O veleiro Henrietta localizou o barco Quilla ao sol ás 13:32 horas e permaneceu na zona ata a chegada da lancha Salvamar Regulus que rescatou os dous tripulantes en bo estado. A embarcación foi remolcada a Porto do Son.

A coordinación da emerxencia correu a cargo dos controladores marítimos de Fisterra baixo a dirección da Capitanía Marítima de Vilagarcía.

O xefe do centro de Salvamento de Fisterra, Manuel Capeáns, destaca "a importancia de recibir as alertas a tempo para poñer en marcha os dispositivos de rescate".

"Unha alerta a tempo é o teu mellor salvavidas", lembra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade