Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescate aparatoso nunha ruta de sendeirismo de Ribeira de Piquín

Rescate aparatoso nunha ruta de sendeirismo de Ribeira de Piquín

Tres gardas civís evacúan unha muller que partiu unha perna nunha zona de difícil acceso

Félix Aragunde 19/07/2024 13:42

Ata tres axentes da Garda Civil participaron no rescate dunha muller que sufriu un accidente nunha ruta de sendeirismo de Ribeira de Piquín.

Cando estaba a camiñar pola beira do río Eo, entre O Chao do Pousadoiro e Os Cangos, a sendeirista, residente en Madrid, escorregou e partiu o peroné á altura do nocello. Daquela, a súa familia alertou o 112.

Para rescatar a muller, os gardas percorreron a pé uns dous quilómetros, xa de noite, por esta ruta do Muíño de García. Posteriormente, tiveron que rozar uns 600 metros de maleza para poder evacuala no todo terreo dun veciño.

Sole Barrio, sendeirista rescatada: "Entón tiven que andar un pouco máis, coa axuda dun garda e cun pau, ata que un parente doutro dos gardas, veciño dunha aldea próxima, que tiña un todo terreo e coñecía a zona, viu que máis arriba xa había prados".

Tras practicárenlle os axentes os primeiros auxilios, o vehículo conduciu a sendeirista ao Chao do Pousadoiro. Alí agardábaa unha ambulancia, que a levou ata o PAC de Meira. Finalmente, xa de madrugada, derivaron a muller ao HULA, onde lle escaiolaron a perna.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade