Un home salva a súa nai dun incendio sacándoa pola fiestra nunha aldea de Trasmiras
Un home salva a súa nai dun incendio sacándoa pola fiestra nunha aldea de Trasmiras
Os bombeiros precisaron da axuda dos axentes forestais da zona e da Garda Civil
A parte superior da vivenda quedou calcinada e está precintada por risco de derruba
O incendio dunha casa provocou o pánico nunha aldea de Trasmiras, na comarca da Limia. Alí un home tivo que sacar pola fiestra a súa nai para salvala das lapas.
Foi nun domicilio en Seixas e a que avisou da situación foi a neta dunha veciña. Esta escoitou os berros da muller, que finalmente conseguiu escapar do incendio axudada polo seu fillo.
As lapas alcanzaron tal intensidade que os bombeiros de Xinzo precisaron da axuda dos axentes forestais da zona e da Garda Civil.
Os danos na vivenda foron importantes, xa que a parte superior quedou totalmente calcinada e a baixa con graves danos. De feito, a vivenda está precintada por risco de derruba.
Tanto a muller como o seu fillo precisaron de asistencia sanitaria: a nai por unha crise de pánico e o home por cortes nos brazos.