Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a comunidade con máis persoas falecidas por afogamento na auga

Galicia é a comunidade con máis persoas falecidas por afogamento na auga

 46 persoas faleceron nos areais e ríos galegos, este ano

 Dende a Axencia Galega de Emerxencias recordan a importancia de ser prudentes na auga e de atender sempre as recomendacións de baño
 

G24.gal 10/08/2024 16:20

Galicia é a comunidade autónoma cun maior número de falecidos en espazos acuáticos, no que vai de ano. Das 291 mortes rexistradas en España, 46 foron aquí. 

"Ás veces eses afogamentos poden ser derivados dalgunha causa física, normalmente se están dando en maiores de 50 anos por iso se imos facer algunha actividade deportiva sempre ir acompañado e levar o equipamento", di Marcos Araújo, xerente de AXEGA.

Segundo o informe da Federación Española de Salvamento e Socorrismo, o mes de xullo foi un dos peores dende que hai rexistros., cunha media de tres mortes ao día.  Foron 93 decesos.  Só Valencia e Andalucía superaron os dez falecidos que sumou Galicia.

"Se non estás moi seguro da zona onde vas nadar, polo menos, pregunta, sobre todo nos a profundidade, as correntes ...  Hai certas praias que son perigosas, se non coñeces as correntes que se producen".

"Temos que ter en contra as bandeiras, cando están negras ou vermellas non se pode meter un na auga, lembra Araújo.

O xerente de Axega insiste en que, ata os nadadores máis expertos, deben ser  prudentes na auga.

"E se unha corrente nos leva, debemos ter moita tranquilidade. Saber que alguén nos vai ver e que as correntes son circulares, polo que nos vai devolver á praia", explica Araújo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade