Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bombeiros humanitarios e cans de salvamento fan un simulacro de rescate de 12 horas en Ferrol

Bombeiros humanitarios e cans de salvamento fan un simulacro de rescate de 12 horas en Ferrol

Son bombeiros e unidades caninas de Galicia que teñen xa unha ampla experiencia en axuda humanitaria internacional

G24.gal 26/06/2024 14:52

O que simulan no exercicio é que acaba de haber unha grande explosión. E os bombeiros deben usar escaleiras, radiais e grandes brocas para acceder sen perigo aos cuartos dun edificio onde hai persoas sepultadas. 

No adestramento participan bombeiros de Navantia, Narón, O Salnés, sanitarios, policía... dispostos todos a emular case un escenario bélico, aínda que o fagan desde un contexto de paz.

Un estoupido dun camión, ou noutros escenarios, un terremoto ou un bombardeo poden xerar grandes dificultades para o rescate e o salvamento. Os bombeiros da ONG Briegal xa colaboraron en misións de axuda humanitaria internacional con CASAGA, os Cans de Salvamento de Galicia, no terremoto de Turquía, por exemplo. 

Hoxe en Ferrol, durante doce horas, foron emulando todas as dificultades dun rescate real. Equipos de Galicia que din que este tipo de adestramentos son fundamentais para prestar un servizo publico esencial que tamén é axuda humanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade