SOS no mar, un dron socorrista creado por unha empresa galega actúa sen arriscar vidas
SOS no mar, un dron socorrista creado por unha empresa galega actúa sen arriscar vidas
O Dophing é un dron acuático, de fácil manexo, que pode remolcar ata 250 quilos
Coñécese a súa utilidade en misións de vixilancia. Tamén serven para fumigar cultivos, para facer limpezas en zonas inseguras ou para gravar imaxes. E os drons seguen sumando funcións. Unha empresa galega, de Carballo, acaba de presentar un novo modelo, Dolphing, un dron de auga para o rescate de persoas no mar.
Cómpren dous controis. Un control remoto é para o dron de auga, e outro para un dron aéreo que ofrece a imaxe en tempo real, da persoa en apuros. En cuestión de seguros, a plataforma chega ao lugar da emerxencia, e unha vez que o home consegue agarrala, remólcao ata deixalo en terra san e salvo.
Ofrece a vantaxe de que pode manexarse a máis de medio quilómetro de distancia e a súa sinxeleza.
"É moi sinxelo, en catro ou cinco minutos faste co manexo. É un produto para emerxencias e non tería sentido que fose complexo", explica Juan José Canosa, socio fundador de Nordes Tech.
Tamén serve para o caso de que a persoa en apuros estea xa inconsciente.
"Nese caso, un rescatador iría na plataforma, achegándose á persoa que se está afogando. E volverían os dous a terra. Se por razóns de seguridade non se pode, irían mar adentro e combinarían o rescate con outra embarcación ou un helicóptero", di Juan José Canosa.
Este venres probárono na praia de Lourido, dirixido desde o parador de Muxía. O dron de auga pode con ata 250 quilos. E ofrece a vantaxe, din os seus creadores, de non arriscar vidas humanos en rescates complicados, de ser barato e de non contaminar.