Rescatadas oito persoas atrapadas nun ascensor urbano en Vigo
Rescatadas oito persoas atrapadas nun ascensor urbano en Vigo
No interior do elevador había un bebé e un can
Os bombeiros de Vigo rescataron oito persoas, entre elas un bebé, e dúas mascotas do ascensor urbano que une a rúa Camelias con Menéndez Pelayo.
Pasaron preto de media hora dentro do elevador e, tras a apertura, a xente que agardaba agradeceu cun aplauso o traballo dos efectivos que tiveron que subir a cabina de xeito manual.
A maioría das persoas atrapadas reaccionaron con tranquilidade, agás unha muller que sufriu un ataque de pánico cando o servizo técnico informou de que tardarían 45 minutos en chegar.
Desde a súa entrada en funcionamento hai nove anos, este ascensor do proxecto Vigo Vertical rexistrou varias avarías.
O concello ten previsto facer traballos de mellora do elevador cun orzamento estimado de 210.000 euros.