Nace o Observatorio Paz Andrade para reforzar as relacións de Galicia coa lusofonía
Nace o Observatorio Paz Andrade para reforzar as relacións de Galicia coa lusofonía
Alfonso Rueda destacou que en Galicia máis de 5.000 persoas estudan portugués e apostou por impulsar as relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este martes a sesión constitutiva do Observatorio da Lusofonía Paz Andrade, un organismo que ten como obxectivo reforzar os lazos culturais e económicos entre Galicia e os países de fala portuguesa, onde viven 270 millóns de persoas.
No Observatorio están representadas ducias de administracións e entidades galegas portuguesas, dende a Real Academia Galega ata o Instituto Camões, pasando pola Fegamp, sindicatos ou asociacións empresariais. Na primeira reunión destacaron que o coñecemento do portugués facilita os intercambios comerciais e os investimentos nos países da lusofonía.
"Cando A China aposta pola aprendizaxe do portugués debemos estar ben alerta, porque A China non desenvolve proxectos a curto e medio prazo, se non a medio e longo prazo", explicou Filipa Soares, representante do Instituto Camões.
Alfonso Rueda destacou que actualmente en Galicia máis de 5.000 persoas estudan portugués e apostou por impulsar as relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos. O presidente da Xunta defendeu o papel de Galicia como ponte entre a comunidade lusófona e hispanoamérica.