O presidente da patronal galega ve "instalado en España certo chavismo"
O presidente da patronal galega ve "instalado en España certo chavismo"
Vieites sinala que a reforma fiscal que propón o Goberno "enfurece os seus socios e sectores clave"
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, asegurou este venres que España está instalada en "un certo chavismo, entre comiñas; imos, por dicilo así".
Así se pronunciou durante unha intervención ante o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convidado polos empresarios galegos a un xantar coloquio, e do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Ao comezo do seu discurso o presidente da CEG insistiu en que as principais demandas dos empresarios aos poderes públicos son a posta en marcha de políticas competitivas, libres de cargas impositivas excesivas, unha maior flexibiliad laboral e unha contorna menos burocrática.
A reforma fiscal que propón o Goberno "enfurece os seus socios e a sectores clave", sinalou Vieites, que insistiu na colaboración público privada e o diálogo social como "base de entendemento e progreso".
Ademais, pediu a Núñez Feijóo que se comprometa con medidas fiscais favorables ás empresas e defendeu a necesidade de que Galicia poida despregar as súas competencias "nun plano de igualade co resto das comunidades autónomas".
Tamén cargou contra a "paralización" do sector eólico e demandou mellores infraestruturas para non xerar "desigualdades loxísticas" co resto de España.