Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia acode ao Consello de Política Fiscal e Financieira este luns "con ánimo de consenso"

Galicia acode ao Consello de Política Fiscal e Financieira este luns "con ánimo de consenso"

O conselleiro de Facenda e Administración Pública Miguel Corgos pon en valor que finalmente na reunión tamén se aborde a reforma do sistema de financiamento autonómico, froito da esixencia das comunidades autónomas ao Goberno

G24.gal 14/07/2024 16:51

O Ministerio de Fancenda convovocou as 15 comunidades do réxime común para acordar con elas o repartimento do déficit conxunto para 2025. España comprometeuse con Bruxelas a rebaixalo ata o dous e medio por cento do PIB . 

"É unha reunión que chega tarde, porque todos necesitabamos para coñecer os datos para elaborar os orzamentos que xa estamos traballando neles".  "Acudiremos co mellor ánimo de consenso a escoitar cal é a proposta do Ministerio de Facenda", di Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Na xuntanza falarán dos recursos que o Goberno distribúe entre as comunidades para financiar a sanidade, a educación e os servizos sociais. Serán 154 mil millóns de euros este ano.

"Isto é especialmente importante nun ano no que a Comisión Europea vén de aprobar as novas normas financeiras que afectarán a todas as administracións Europeas. Precisamos coñecer como é esa senda financeira, para os próximos anos e como lle afecta a Galicia para defender os seus intereses", sinala Miguel Corgos.

A Xunta mantén que un modelo de financiamento singular para Cataluña prexudicaría a Galicia.

"Por vez primeira, as Comunidades Autónomas puxémonos de acordo para esixirlle á Ministra de Facenda para que dea explicación aos seus plans de modificar o plan de financiamento, posto que non estaba na orde do día", subliña Corgos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade