Publicador de contidos
Publicador de contidos

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España

A armadora Pescapuerta destinará o Prion á captura de luras nas Malvinas

Alfonso Rueda e un representante do grupo Fortuna asistiron ao acto de botadura

G24.gal 30/09/2024 18:41 Última actualización 30/09/2024 19:11

O estaleiro Nodosa, de Marín, entregoulle este luns a Pescapuerta o barco conxelador coa tecnoloxía "máis avanzada" dos construídos en Galicia ata agora. A armadora Pescapuerta destinará o arrastreiro conxelador á captura de luras no caladoiro das Malvinas.

Chámase Prion e é o barco máis grande construído para a pesqueira Pescapuerta, que está en proceso de renovación da súa frota. Ten 85 metros de eslora, conta coas tecnoloxías máis avanzadas en eficiencia enerxética, redución de emisións ou tratamento das capturas e ten capacidade para 78 tripulantes, con varios camarotes individuais ou de dúas prazas.

"O Prion incorpora moitos avances tecnolóxicos que hai actualmente no mercado, especialmente a proa invertida e o necesario para mellorar a calidade de vida a bordo da tripulación", explicou o presidente do Grupo Pescapuerta, José Puerta Prado.

No acto de botadura, ao que tamén asistiu Stuart Wallace en representación do Grupo Fortuna (socio de Pescapuerta en Malvinas), o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que este conxelador é un exemplo da capacidade innovadora dos sectores naval e pesqueiro en Galicia.

"Intentaremos seguir apoiándovos en todo o necesario. Estamos elaborando os plans directores da industria estratéxica en Galicia e todo o que ten que ver co naval o que queremos é escoitar con humildade aos que sabedes, aos que fan os barcos e aos que os usan para pescar, para que nos acheguedes todo o necesario", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade