Publicador de contidos
Publicador de contidos

O iate de pesca deportiva máis grande do mundo atraca en Vigo

O iate de pesca deportiva máis grande do mundo atraca en Vigo

Ten 53 metros de eslora e conta con seis cubertas

G24.gal 27/10/2024 17:46 Última actualización 27/10/2024 18:50

O iate de pesca deportiva máis grande do mundo recalou estes días en Vigo. Trátase do Special One, amarrado nunha zona recóndita do porto deportivo Marina Dávila.

Ten 53 metros de eslora e conta con seis cubertas. Pode pasar de cero nós a 30 en 46 segundos e está preparado para empregar aceite vexetal como combustible.

Procedía de Xibraltar e abandonará Vigo á metade de semana para dirixirse a un estaleiro do norte de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade