Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca de 48 persoas desaparecidas no naufraxio dun caiuco en El Hierro

Segue a busca de 48 persoas desaparecidas no naufraxio dun caiuco en El Hierro

Tres dos 27 sobreviventes foron trasladados ao hospital con hipotermia, deshidratación e traumatismo

G24.gal 29/09/2024 11:00 Última actualización 29/09/2024 12:08

Continúa activo por terra, mar e aire o amplo dispositivo de procura das 48 persoas desaparecidas no naufraxio dun caiuco ocorrido o sábado de madrugada a unhas 4 millas da illa canaria de El Hierro.

Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, nos labores realizados durante a noite non houbo novidades. Tras o afundimento da embarcación, durante o rescate, lograron recuperar os corpos de nove falecidos, entre eles un menor.

Tres dos 27 sobreviventes foron trasladados ao hospital, un con hipotermia, outro con deshidratación e o último con traumatismo nun ombreiro.

Operativo de busca

No operativo de busca participan o gardamar Calíope de Salvamento Marítimo, unha embarcación LS-Hades de Cruz Vermella e o patrulleira Río Guadiato da Garda Civil.

Como medios aéreos están activos dous helicópteros Cuco da Garda Civil e o helicóptero do GES do Goberno de Canarias, que se irán rotando ao longo da xornada.

En terra continúan dispostas catro patrullas da benemérita, formadas por oito persoas, que seguen realizando labores de observación e vixilancia desde a costa, ademais de catro axentes da Policía Xudicial, para labores de auxilio forenses.

"O tempo que faga falta"

O delegado do Goberno en Canarias, Anselmo Pestana, indicou que o operativo manterase "o tempo que faga falta", pois é probable que nos vindeiros días, por efecto das correntes, empecen a aparecer máis cadáveres, previsiblemente máis cara ao leste do arquipélago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade