Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono

As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono

As agrupacións de marisqueo a pé están traballando con topes tan baixos que din que non lles dan para os gastos

O marisqueo desde embarcación decide o día 15 cando empeza a traballar e en que condicións

G24.gal 06/10/2024 13:51 Última actualización 06/10/2024 14:35

As agrupacións de marisqueo a pé da ría de Pontevedra xa están traballando desde xullo, pero moi pendentes do ceo. Este setembro foi o máis chuvioso deste século. E outubro tamén está resultando pasado por auga.

Temen que se volva repetir a mortaldade do outono do ano pasado cando o exceso de auga doce matou boa parte do marisco.

"Se nos vén moita auga doce si que imos ter que pechar porque a ameixa estrésase moito e temos que parar o traballo, pero son moitos factores. É a baixa salinidade, hai moita contaminación", asegura Raquel Gómez, presidenta da agrupación de marisqueo a pé da confraría de Pontevedra.

Di que tamén hai zonas que se enchen de lodo e vólvense improdutivas. Un total de 240 persoas das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó estiveron traballando o venres fronte á illa de Tambo, unha zona boa. Así e todo, os topes que teñen son baixos: 5 quilos de ameixa xaponesa e medio da fina.

"Estamos collendo uns topes moi pequenos, de momento estamos nunha situación de precariedade porque non gañamos un bo soldo, que é o que defendemos, gañar un salario digno e que se apoie o sector primario. 500-600 euros ao mes non dá para vivir unha familia".

O sector de marisqueo en embarcación decidirá o día 15 cando volve traballar e en que condicións. Un pouco máis ao norte, na ría de Arousa, a apertura da campaña de libre marisqueo resultou decepcionante. Da zona dos Lombos do Ulla, os mariscadores regresaron de baleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade