Publicador de contidos
Publicador de contidos

España aposta por manter a cota de pesca do patudo

España aposta por manter a cota de pesca do patudo

Luis Planas defende a necesidade de avaliar o impacto económico e social á hora de decidir as cotas pesqueiras

G24.gal 21/10/2024 11:05

España aposta por manter a cota de atún patudo o ano que vén, unha especie que pescan ao redor dun cento de barcos galegos, os que se dedican ao bonito. Se a cota escasea, restrínxese a pesca a apenas unha vintena de barcos.

Con todo, polo momento o sector en Galicia considera que as cifras son suficientes. O ministro de Agricultura e Pesca defende en Bruxelas a necesidade de ter en conta o impacto económico á hora de definir as cotas pesqueiras.

Luis Planas apuntou que "sobre o patudo defendemos manter a cota actual. No peixe espada estamos de acordo co plan de xestión no atlántico que permita a súa captura plurianual".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade