Cargando resultados...
Villares reclámalle a Europa axuda financeira para descarbonizar a frota
Villares reclámalle a Europa axuda financeira para descarbonizar a frota
O conselleiro do Mar di que as medidas de transición enerxética teñen que ser compatibles coa viabilidade do sector
Alfonso Villares interveu na Conferencia Eurofish do sector pesqueiro e acuícola en Madrid
G24.gal
25/09/2024 12:38
Galicia reclámalle a Europa os recursos financeiros necesarios para levar a cabo a descarbonización da frota, esixida por Bruxelas. Na súa intervención na Conferencia Internacional Eurofish do Sector Pesqueiro e Acuícola, en Madrid, o conselleiro do Mar defendeu a necesidade de que as medidas de transición enerxética sexan asumibles para o sector e compatibles coa súa viabilidade.
"O que non podemos facer con estas medidas, como no eido da descarbonización, é que entren outras frotas porque as frotas galegas se cansen de tantas esixencias normativas", asegurou Alfonso Villares.