A produción da acuicultura supera por primeira vez as capturas de pesca tradicional
A produción da acuicultura supera por primeira vez as capturas de pesca tradicional
Ábrense novas oportunidades de negocio
Asia segue a ser a rexión máis importante na produción acuícola. Audun Lem, director adxunto de Pesca e Acuicultura da FAO, destaca que "por primeira vez as cantidades producidas pola acuicultura superan á pesca tradicional nos océanos".
Mentres o consumo de peixe descende en Europa, aumenta noutros países como A India ou a A China. Ao tempo que África precisa desenvolver as súa industria en acuicultura. Lem relata que "cunha poboación que medra moi veloz (en África), necesitamos un aumento do 285 % da produción da acuicultura".
Ábrense oportunidades de negocio. Namibia, un dos socios galegos tradicionais na pesca, fai en Vigo un chamamento ao investimento en plantas de produción de peixe. Derek James Klazen, Ministro de Pesca e Recursos Mariños de Namibia, explica que "o Goberno (de Namibia) non o pode facer só, necesitamos socios que veñan e nos axuden a desenrolar o sector".
En Galicia, destaca o coñecemento para a produción de distintas especies. O Conselleiro do Mar lembrou que a comunidade "é líder na tecnoloxía par producir peixes planos".
Expertos de todo o mundo abordaron hoxe en Vigo os retos da pesca e acuicultura no Congreso Conxemar Fao previo ao inicio da feira dos produtos do mar conxelados.