A ciencia busca no mar solucións á carencia de alimentos e nutrientes
A ciencia busca no mar solucións á carencia de alimentos e nutrientes
Chámanlles "alimentos azuis" aos que proceden do pesca e da acuicultura
O reto é mellorar a xestión pesqueira en beneficio de todos
Nunha situación de crise alimentaria mundial, agravada pola guerra de Ucraína, e con problemas de malnutrición e de obesidade, a despensa do futuro pode estar no mar. A ciencia chama "alimentos azuis" aos criados na auga, sexan da pesca ou de acuicultura.
"Os micronutrientes que achegan os alimentos azuis son moito máis numerosos e importantes respecto dos produtos que proveñen dos sistemas terrestres. As últimas investigacións de máis de 3.500 produtos terrestres e mariños a nivel mundial, os sete primeiros son produtos mariños, especies peláxicas como os xurelos, as xardas, mexillóns e os moluscos bivalvos".
As actividades relacionadas co mar poden proporcionar grandes ganancias, se se acompañan dunha boa xestión.
"O espazo de posible desenvolvemento económico nas zonas costeiras baixo o que se denomina a economía azul, sempre que sexa sustentable e rexenerativa, que permita que os océanos nos proporcionen alimento e tamén secuestro de carbono, mesmo o goce da beleza paisaxística das nosas rías, son todos potenciais beneficios que poderiamos obter se o facemos de xeito sustentable".
Estiman que os beneficios económicos, de aquí ao 2030, serán comparables aos dunha das principais potencias económicas mundiais.