Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén 32 persoas por fraude alimentaria

A Garda Civil detén 32 persoas por fraude alimentaria

Acúsanas de alterar a etiqueta de produtos caducados para volver vendelos

Os axentes incautáronse de 22.000 toneladas de alimentos ilícitos

G24.gal 27/10/2024 20:50

A Garda Civil prendeu 32 persoas en España e investiga outras 21 nunha operación internacional contra a fraude alimentaria.

Os rexistros leváronse a cabo en almacéns e conserveiras de Madrid, A Rioxa, Sevilla, Valencia e Málaga, onde se atoparon alimentos e bebidas caducadas pero coas etiquetas alteradas para volver vendelos e outros con colorantes e conservantes non aptos para o consumo.

Os axentes incautáronse de 22.000 toneladas de alimentos ilícitos e 850.000 litros de bebidas. A Policía doutros 29 países europeos emitiron máis dun cento de ordes de detención.

"Todas estas persoas investigadas son posibles autoras de varios delitos: estafa, fraude alimentaria, delitos contra a saúde pública e falsidade documental", explicou un voceiro da Garda Civil.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar