Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un barco vara en Esteiro ao enredarse a hélice nun cabo

Un barco vara en Esteiro ao enredarse a hélice nun cabo

A embarcación estaba a case media milla da praia de Medrón

G24.gal 02/10/2024 15:06

Ás oito da mañá deste mércores o Novo Marún, un barco con base en Portosín, varaba na praia de Medrón, en Esteiro, no concello de Muros. Por sorte, todo quedou nun susto e non hai que lamentar nin danos materiais nin persoais.

Os dous tripulantes do Novo Marún andaban levantando as nasas da nécora e do camarón cando, sen contalo, a hélice do barco enredou nun cabo e acabou por arrastralos á praia. 

No momento do incidente, o Novo Marún traballaba a escasa media milla do areal de Esteiro. Porén as condicións atmosféricas propiciaron que fora arrastrado moi rápido. Ao longo da maña continuaban coas tarefas de liberar a hélice para reflotar o barco e poder volver ao mar canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade