Alfonso Rueda: "A Estratexia de Economía Azul marca pautas para conservar o mar como recurso vital"
Alfonso Rueda: "A Estratexia de Economía Azul marca pautas para conservar o mar como recurso vital"
Galicia busca un futuro onde o mar siga sendo protagonista. O presidente da Xunta aposta porque a comunidade sexa referente no ámbito das enerxías renovables e a biotecnoloxía azul.
Alfonso Rueda di que hai que "ter clarísimo que as enerxías renovables son o futuro, hai que saber compaxinar a riqueza marítima pesqueira coa necesaria utilización das enerxías renovables, tendo en conta que ser sostibles é fundamental".
Rueda asegura que é posible respectar o ecosistema e consolidar, ao tempo, o liderado de Galicia como primeira potencia europea nos sectores pesqueiro, acuícola e transformador, xerando máis de 50 mil empregos directos.
"Podemos liderar unha economía azul, sólida e sostible. Podemos crear un futuro onde o mar sigue sendo un recurso, vital e fundamental para Galicia", afirmou o presidente da Xunta.
A Estratexia da Economía Azul de Galicia contempla máis de 114 millóns de euros ata o 2027 para fortalecer o sector mariño tanto a nivel nacional como internacional.