Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezasete inspectores de Pesca do Caribe fórmanse en Vigo para loitar contra a pesca ilegal

Dezasete inspectores de Pesca do Caribe fórmanse en Vigo para loitar contra a pesca ilegal

O curso organizado pola FAO impártese no porto de Vigo, a bordo do buque Intermares

O obxectivo é reforzar os coñecementos dos participantes para logo aplicalos nos seus países

G24.gal 09/09/2024 13:44

A pesca ilegal non declarada segue a ser unha ameaza para os ecosistemas das augas do Caribe.

Os distintos países da contorna apostan pola formación para combater as actividades delituosas e o crime organizado na industria pesqueira. 

Na cuarta edición do curso internacional da FAO, dezasete inspectores do Caribe reciben formación a bordo do buque escola Intermares. 

Ademais do Caribe, o porto de Vigo tamén será o centro de  formación para inspectores da América Latina e África.

A participación neste curso é unha acción máis coa que países como Panamá e Tobago tratan de garantir a sostibilidade nas súas augas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade