Sorprendidos dous homes que pescaron no río 200 troitas con aparellos eléctricos en Lugo
Sorprendidos dous homes que pescaron no río 200 troitas con aparellos eléctricos en Lugo
Unha práctica totalmente ilegal, de pesca masiva, moi daniña tanto para a fauna como para a flora dos ríos
Os dous pescadores investigados foron sorprendidos con máis de 200 troitas
En Lugo, a Garda Civil sorprendeu dous homes pescando troitas con aparellos eléctricos. Unha practica totalmente ilegal, de pesca masiva, moi daniña tanto para a fauna coma para a flora dos ríos. Os dous pescadores investigados foron sorprendidos con máis de 200 troitas.
Nos seus vehículos levaban os aparellos eléctricos que usaban para pescar e tamén cestas e traxes. Os investigados son un veciño da Fonsagrada e outro da vila asturiana de Cangas de Narcea. Foron sorprendidos nun dos controis rutineiros que a Garda Civil realiza a pé de río durante a campaña de pesca fluvial. Impútaselles un delito contra a protección da flora e fauna silvestre por accións que ameazan a vida silvestre, o seu hábitat e ecosistema.
Os infractores poden ser sancionados cunha multa ou cunha pena de prisión entre os seis meses e dous anos.