Comisan salmonete, pescada e abadexo en Corme por irregularidades na descarga
Comisan salmonete, pescada e abadexo en Corme por irregularidades na descarga
A Garda Civil detectou irregularidades na descarga e almacenamento do peixe
Os produtos comisados foron entregados ao centro benéfico Padre Rubinos
O Servizo Marítimo da Garda Civil interveu no porto de Corme (A Coruña) tras detectar irregularidades na descarga e almacenamento de peixe. Os axentes incautáronse de 1,5 quilos de salmonete, 1 quilo de cabra, 35 quilos de abadexo, 1 quilo de ovas e 20,5 quilos de pescada.
O incidente tivo lugar cando os axentes observaron a un pesqueiro descargando as súas capturas en sete caixas que foron trasladadas directamente a unha furgoneta sen pasar polos controis regulamentarios establecidos. Foi entón cando interveu a Garda Civil para verificar as capturas nas instalacións da lonxa do porto.
Os produtos comisados foron entregados ao centro benéfico Padre Rubinos.
As denuncias inclúen cargos por incumprimento da pesada, transporte de produtos pesqueiros sen a documentación preceptiva e almacenamento dos devanditos produtos sen rastrexabilidade nin documentación que os ampare.