Publicador de contidos
Publicador de contidos

A confraría de pescadores de Ferrol explora o valor culinario do carneiro de ría

A confraría de pescadores de Ferrol explora o valor culinario do carneiro de ría

Galicia produce anualmente preto de 80 toneladas deste bivalvo

G24.gal 11/10/2024 15:06

Os galegos non o temos entre os nosos fogóns pero o valor do carneiro de ría nos mercados de fóra está en auxe. Ata 30 euros o quilo pagan de media en zonas do Mediterráneo como Francia ou Italia. Boa parte do produto que lles chega sae de Ferrol.

"É un molusco bivalvo que leva moitos anos entre nós, pero non temos unha tradición culinaria. O que imos facer hoxe é enfrontar esta especie ás diferentes posibilidades de cociñalo. A primeira delas é sempre probalo en cru, coma se fose unha ostra", explica Javier Rodrigez, Taky, cociñeiro do Grupo Nove.


Con limón, en vinagreta, con refrito, nun guiso mariñeiro, en salsa verde, con pesto ou como base dunha vichyssoise. Seis pratos en total nesta sesión de showcooking pensada para dar a coñecer un vello habitante do fondo das rías. 

"Para os biólogos o nome universal é Venus verrucosa. Captúrase nas rías, con raño. E aparece ata a cen metros de profundidade", dixo Félix Cerqueira, o Biólogo da confraría de pescadores de Ferrol.
 

"O ano pasado sufrimos moitas precipitacións e temperatura alta da auga e isto afectoulles a algunhas especies. Non é o caso do carneirolo e penso que isto constitúe un exemplo da importancia de diversificar", declarou Alfonso Villares, o conselleiro do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade