Cargando resultados...
Sardiña e xouba nas prazas de abastos en pleno outono
Sardiña e xouba nas prazas de abastos en pleno outono
A elevada temperatura da auga é a causa pola que están saíndo tan boas
G24.gal
12/11/2024 15:41
Quen dixo que só se poden comer sardiñas ou xoubas no verán? O bo tempo agasállanos con este peixe tamén en pleno outono.
Nas prazas este martes podíase ver moita xouba. Tamén clientes animados a mercala e sorprendidos. Segundo os expertos, a clave está na temperatura da auga.
Os que as probaron dan fe diso. De feito aseguran que mesmo están máis boas que na época estival. Porque son outros tempos, e a sardiña e a xouba xa non só pingan o pan no verán.