Cargando resultados...
O Acuarium Finisterrae, dos poucos do mundo que ten sardiña en catividade
O Acuarium Finisterrae, dos poucos do mundo que ten sardiña en catividade
Un vídeo divulgativo dá conta de como se fai este laborioso traballo
G24.gal
26/07/2024 14:01
Son sardiñas as que nos reciben no Acuarium Finisterrae. O que a simple vista pode parecer a exhibición dun peixe máis agocha un traballo laborioso que o visitante non sempre aprecia á primeira vista. Por iso no Acuarium quixeron facer un vídeo divulgativo de todo ese traballo previo
Porque as sardiñas son moi nerviosas e asustadizas, calquera ruído pode alteralas, facerlles perder as súas escamas e incluso acabar provocándolles a morte. Tendo en conta isto, a recolección presentábase como un reto para os biólogos. O acuario coruñés é dos poucos do mundo que xa o conseguiu.