Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pesqueiro reclama un cambio das políticas europeas

O sector pesqueiro reclama un cambio das políticas europeas

Piden medidas máis flexibles e sobre todo o aumento das cotas

Expertos debaten en Vigo sobre o futuro da pesca e os seus retos

G24.gal 13/09/2024 14:13

O sector denuncia que aos produtos pesqueiros, que entran en Europa e que proceden na súa maioría de Asia, non se lles esixen os mesmos estándares que aos produtores comunitarios. Din que está en xogo a soberanía alimentaria. 

A industria pesqueira pide un cambio nas políticas europeas. Reclaman maior flexibilidade na aplicación das normas medioambientais, menos sancións e sobre todo a ampliación das cotas.

O sector tamén chama a atención sobre a baixa do consumo de peixe. No Goberno central apuntan ao descoñecemento do produto e ao seu prezo como os principais motivos e prepara unha campaña para reverter a situación.  

Expertos debaten en Vigo sobre o futuro da pesca e os seus retos. O conselleiro do Mar reclamou ter en conta o sector na toma de decisións da política común. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade