Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña de libre marisqueo iníciase na ría de Arousa sen case ameixa

A campaña de libre marisqueo iníciase na ría de Arousa sen case ameixa

Os mariscadores regresaron cos capachos practicamente baleiros da tradicional zona de extracción dos Lombos do Ulla

G24.gal 01/10/2024 14:40

Decepción no primeiro día da campaña de libre marisqueo na ría de Arousa. Logo de tempo pechado, volveu abrir a zona dos Lombos, especialmente rica en ameixa. Porén, mariscadores do Carril e Rianxo volveron completamente de baleiro.

Había expectación e expectativas. Non obstante, os primeiros que saíron á ameixa pronto volveron a porto, son mariscadores experimentados que pensan xa en cambiar de zona porque din "non hai nada, nin ameixa nin berberecho". 

Os máis deles foron á zona dos Lombos da Ulla, coñecida como o "verxel" da ameixa. Hoxe non puideron encher o barco, din que "aínda que sabían que as condicións non eran óptimas tiñan a esperanza de poder coller algo que dera a talla comercial".

Reivindican que se actúe na zona con drenaxes, que eviten as riadas que se rexenere e que se semente. 

Si cubriron as cotas na zona do Bohído, un lugar ao que no Carril se ven con toda probabilidade obrigados a desprazarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar