Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca a Festa do Marisco do Grove con máis de cen mil visitantes durante once días

Arranca a Festa do Marisco do Grove con máis de cen mil visitantes durante once días

Acuden visitantes de fóra de Galicia e de España a este evento gastronómico declarado de Interese Turístico Nacional dende o ano 2013

G24.gal 03/10/2024 21:14 Última actualización 03/10/2024 21:26

Aínda que xa estamos metidos no outono, hoxe comeza a que podería cualificarse como a última gran festa do verán: a do Marisco do Grove. Vaise estender durante dez días e adoitan acudir moitos visitantes de fóra de Galicia a esta festa declarada de Interese Turístico Nacional dende o ano 2013.

Dende este xoves e ata o vindeiro 13 de outubro os produtos do mar serán os protagonistas nesta localidade da comarca do Salnés.

Milleiros de persoas chegarán ao Grove para degustar mexillóns, vieiras, zamburiñas, camaróns ou nécoras, ademais de gozar dun cartel que mestura músicos locais e de primeira liña nun dos eventos gastronómicos máis importantes de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade