Chegan as axudas para 71 barcos galegos tras o paro biolóxico do xurelo
Chegan as axudas para 71 barcos galegos tras o paro biolóxico do xurelo
Poden beneficiarse aqueles barcos que concordaron amarrar entre 1 e 3 meses, sempre e cando o xurelo represente polo menos o 18 % das súas capturas anuais
Un ano despois do paro biolóxico ao que se comprometeron 71 barcos galegos para recuperar a especie do xurelo, chegan as axudas. Anunciounas hoxe no BOE o ministerio. Será para aqueles pesqueiros que entre febreiro e outubro de 2023 concordaron amarrar entre 1 e 3 meses.
Para beneficiarse das axudas, o xurelo ten que representar cando menos o 18 % das súas capturas anuais nos exercicios anteriores a 2023. É dicir, que sexan altamente dependentes desta especie. En Galicia son 71 barcos, aos que se suman 8 asturianos, outros tantos cántabros e 4 do País Vasco.
Do total consignado para as axudas -1.600.000 euros- o 70 % fináncianse con cargo a fondos europeos e o Estado español achega o 30 % restante. Os interesados teñen un prazo de 10 días para acollerse a esta convocatoria.