Publicador de contidos
Publicador de contidos

A salvo os tripulantes dun pesqueiro de Muxía que sufriu unha vía de auga fronte ao Cabo Vilán

A salvo os tripulantes dun pesqueiro de Muxía que sufriu unha vía de auga fronte ao Cabo Vilán

O Valencia Filgueira deu aviso contra as 9:29 desta mañá e acabou afundindo dúas horas despois 

Os seus tres tripulantes están sendo trasladados a Muxía a bordo da Salvamar

Imaxe do Valencia Filgueira, o pesqueiro sinistrado (Fonte: Ministerio de Pesca)
G24.gal 20/09/2024 10:05 Última actualización 20/09/2024 12:33

Foi a pique o Valencia Filgueira, un palangreiro con base en Muxía que sufriu unha vía de auga a 16 millas do Cabo Vilán, no concello coruñés de Camariñas.

Os seus tres tripulantes foron rescatados sans e salvos polo Santa Rita, outro pesqueiro que traballaba na zona, e transbordados á Salvamar Altair. Todos "se atopan ben", segundo informaron desde o Santa Rita. Neste momento están sendo trasladados a porto de Muxía. Está previsto que cheguen contra as 12:12, segundo informa Salvamento Marítimo.

Pesquero Valencia Filgueira se ha hundido a 16' de cabo Vilán, tras sufrir una vía de agua. CCS Finisterre ha movilizado Helimer 401 y Salvamar Altair. Sus 3 tripulantes han sido rescatados ilesos por pesquero Santa Rita y trasbordados a la salvamar, que los va a trasladar a… pic.twitter.com/vrTZXy4tZ5

O buque foi a pique contra as 11:30 horas despois de sufrir unha vía de auga a primeira hora da mañá. O palangreiro, con base en Muxía, deu aviso ás 9:29 horas. Ata o lugar do sinistro desprazáronse o Salvamar Altair e o helicóptero Helimer 401, segundo informan desde o centro de coordinación de Fisterra.

O Valencia Filgueira é un palangreiro de fondo de 19,50 metros de eslora e casco de madeira dado de alta en 1993.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade