Cargando resultados...
Do 1 de abril ao 30 de xullo non se poderá capturar polbo en augas galegas
A Xunta e o sector pactaron un paro biolóxico dun mes e unha veda de dous para recuperar a especie

G24.gal
17/03/2025 19:46
Última actualización 17/03/2025 19:55
Desde o un de abril ata o 30 de xuño non se poderá capturar polbo nas augas galegas.
A Xunta acordou co sector establecer unha parada biolóxica o mes de abril e unha veda durante maio e xuño para facilitar a recuperación da especie, que volve escasear.
Como novidade con respecto a outros anos, haberá axudas económicas a cargo do Fondo Europeo Marítimo para as embarcacións afectadas polo paro biolóxico do mes que vén.