Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña de extracción do polbo en Galicia

Comeza a campaña de extracción do polbo en Galicia

Vaise prolongar ata o inicio da veda de 2023

Ata o 31 de agosto só se poden pescar 30 quilos por barco e día

No resto da campaña, a cota máxima sobe ata os 50 quilos

G24.gal 03/07/2022 20:36 Última actualización 03/07/2022 21:41

Este luns comeza en Galicia a campaña de extracción de polbo, que se vai prolongar ata o inicio da veda de 2023.

Ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilos por barco e día. A esta cantidade engádense 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilos nunha xornada.

No resto da campaña a cota máxima será de 50 quilos por cada embarcación e día, cantidade á que tamén se lle engaden 50 quilos diarios por cada tripulante, ata un máximo de 350 quilos por xornada.

A veda, que remata este luns, comezara o pasado 20 de maio. Moitos profesionais do sector cren que estas seis semanas de parada son insuficientes. Aseguran que para que este recurso se recupere serían necesarios, polo menos, dous meses de veda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade