O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar
O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar
Esta parada será de dous meses, pero a da campaña vindeira podería ser de catro
Nos último anos foron baixando as capturas e subindo os prezos
Ás portas de que comece a veda do polbo, nas prazas diríxese interese cara a el.
Este venres día 3 de maio ás catro da tarde comeza a veda. O polbo que veremos nos mercados ou será conxelado ou será de fóra. De aí que moitos busquen estes días o cefalópodo galego fresco.
Nótase na praza esa tendencia a atopalo máis caro. Se hai dez anos o prezo medio en lonxa era duns cinco euros, nesta campaña marcou nove euros e medio. Nos últimos anos, ademais de ir subindo o prezo foron minguando as capturas do cefalópodo.
A veda do pasado ano foi de mes e medio. Este ano será de dous meses, maio e xuño. Para o ano que vén a veda podería ser non de dous meses senón de catro meses.