Cargando resultados...
Remata a veda do polbo: o sector agarda igualar os resultados da última campaña
Remata a veda do polbo: o sector agarda igualar os resultados da última campaña
Comezan as capturas despois dun mes e medio de paro
G24.gal
03/07/2023 16:01
O porto de Bueu agora está tranquilo e a súa lonxa baleira, pero nas próximas horas todo cambiará porque hoxe remata a veda do polbo.
"Aquí temos unhas 50 embarcacións e saíron ás 5 da mañá aínda que ata as 6 da mañá non podían calar as nasas", conta o patrón maior de Bueu.
Na pasada campaña capturáronse máis de dous millóns de quilos de polbo, que no mercado alcanzaron máis de vinte millóns de euros. Tamén haberá que ter en conta as variacións na pesca durante a campaña.
"A mellor época e pesca do polbo sempre é o inverno", di o patrón maior. Por iso quizais non comece moi forte, pero está convencido de que a campaña irá mellorando así que avancen os meses.