Comeza a veda do polbo, despois dunha boa campaña
Comeza a veda do polbo, despois dunha boa campaña
Duplicaron as capturas do ano pasado
O prezo aumentou uns dous euros de media por quilo
Na tarde deste venres, chegaban ao porto de Bueu as últimas capturas de polbo antes de que comezase unha veda que se vai prolongar ata o 4 de xullo. Toca facer balance da campaña que comezou en xaneiro. O patrón maior da confraría San Martiño de Bueu, José Manuel Rosas, explica que o ano pasado vendéronse na lonxa 59 toneladas deste cefalópodo e este ano case 135. Para el, "a campaña foi boa."
Tamén aumentaron os prezos este ano, uns dous euros máis de media por quilo. 50 embarcacións e unhas 150 persoas dedícanse ao polbo en Bueu, que comeza a veda para garantir a próxima campaña. Rosas augura que van ter "unha campaña relativamente boa porque hai recrutamento e moitos pequenos que chegarán a adultos".
Cando remate a veda e ata agosto, a cota máxima de capturas de polbo será de 30 quilos por barco e día, e 30 quilos máis por tripulante ata un máximo de 210. No resto da campaña pasan de 30 a 50 con tope máximo nos 350 quilos.