Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG insta o Goberno central a paralizar a instalación de eólica mariña en Galicia

O BNG insta o Goberno central a paralizar a instalación de eólica mariña en Galicia

A líder da formación, Ana Pontón, solicita que se realicen informes técnicos de impacto ambiental e económico

G24.gal 16/10/2024 15:02

A portavoz nacional do BNG mantivo un encontro este mércores con membros da confraría de pescadores e mariscadoras de Cedeira. Alí, Ana Pontón insistiu na necesidade de que o Goberno central paralice o Plan de Ordenación do Espazo Mariño (POEM) e a instalación de parques eólicos mariños en Galicia.

"Non podemos permitir que case a metade da eólica mariña que hai prevista no Estado se instale nas costas galegas, xusto enriba dos principais caladoiros onde pescan cada día miles de persoas que se dedican a esta actividade", asegurou a líder nacionalista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade